sábado, 23 de janeiro de 2010

PEPA MARIÑO

TÍTULO: “ESPERTANDO”
SERIE “BAILANDO BAJO LA LLUVIA” 
60X30X16 cm
BRONCE S/GRANITO

TÍTULO: “BALLERINA I”
SERIE ”BAILANDO BAJO LA LLUVIA”
50X12X15 cm
BRONCE S/GRANITO


“CATEDRAL”
60X80 cm
TÉCNICA MIXTA SOBRE TELA



S/T
80x60 cm
Mixta s/tela

Licenciada en Dereito. Funcionaria.
Cofundadora, no 2004, da Asociación Galega de Arte e Cultura “AGAEC”, de ámbito autonómico.
Autodidacta. Traballos de escultura, pintura, tapiz, instalación. Inscrita na Guía de Artistas de Galicia
Coordina diversas publicacións de arte e de debate e opinión “Agora Autonómica”. UGT
Coordina e comisaría diversas exposicións e programas artístico culturais
Exposicións Individuais:
Alba - Santiago de Compostela.
Banco Central Hispano en Santiago de Compostela
Exposicións Colectivas:
“Lembrando a Dalí dende o Xacobeo ”, Sala da Fundación Araguaney, Santiago de Compostela.
Programa intercultural con corenta artistas de toda España e Portugal. Itinerante “Polimorfías Cromáticas”.
Gran Hotel Santiago,Santiago de Compostela. Gran Hotel de Lugo. Sala Ateneo de Ourense.
Coordinadora e participante da I,II,III, IV, V Mostra de arte e literatura dosempregados públicos organizada por UGT, Consellería da Presidencia e a EGAP. Santiago de Compostela.
Itinerante polas salas das delegacións de dita consellería en Galicia. Casa de Galicia. Madrid. Participou
nunha e comisariou dúas exposicións colectivas de artistas galegos.
Casa da Cultura de Porto do Son. A Coruña. Casa da Cultura, Pontedeume, A Coruña. Casa da Cultura,
Pobra do Caramiñal, A Coruña. Sala de exposicións do Casino Atlántico. A Coruña, e o Casino da Toxa
Fundación Granell. Benéfica. Coa asociación AGADEA.
Sala da Fundación Araguaney. Programa interdisciplinar “Amencer na Praza Roxa”. A beneficio dos
enfermos mentais.
Cuarto centenario do Quixote “De las orillas del Sar a los ojos del Guadiana”, itinerante. Ciudad Real-
Santiago.
Programa intercultural Artistas galegos no Parlamento Europeo. Bruxelas
Museo Torres. Marín. Pontevedra
Encontro de Arte Jovem- Bienal de Arte- Chaves- Portugal
Itinerante “Art natura” de artistas galegos en colaboración con ADEGA
Internacional itinerante “Tras as pegadas de Delos”. Pazo da Peregrina, Bertamiráns. Casa mariñeira, Pobra
do Caramiñal. Galería Sargadelos, A Estrada. Ámbito cultural, Corte Inglés, Santiago de Compostela.
Programa intercultural Pazo da Peregrina- Bertamiráns Pazo de Bendoiro, Lalín
“Acordes”, 250 aniversario de Mozart- Santiago de Compostela. Programa artístico cultural 150 aniversario
de S. Freud. Programa artístico cultural Centro de interpretación de Porto do Son
“II encontro luso galaico de artistas plásticos, AROMAR”. Casa da cultura de Porto do Son
“Lembrar Galicia”. Programa intercultural en Tres Cantos. Madrid
“Miradas de arena y agua, diálogos Norte-Sur”. Encontro intercultural con artistas franceses e marroquinos,
en Agadir. Marrocos.
Galería Sargadelos. A Estrada
“Ollar Santiago”. Gran Hotel Santiago
“Arte transfonteirizo”, Alianza Francesa. Vigo.
Coas asociacións PLUS ARTIS, AGAEC e TAMAGANI de Chaves, Portugal.
Centro Sociocultural comarcal de Ordes “Alicerces”. Confederación empresarios do Tambre. Santiago
Encontro de pintura rápida con artistas da Asociación Tamagani. Vilas Boas (Chaves- Portugal)
“Metamorfosis del agua”. Galería Itxaso, Zaragoza, con motivo da inauguración da Expo “Caramiñeira”. Casa mariñeira. Pobra do Caramiñal
“Sinestesia”. Programa artístico cultural. Sevilla
Benéfica coa asociación COMETA de Ferrol. Concello de Narón
“La nature á trois”. Itinerante nos centros socioculturais de Santiago de Compostela
“Sinestesia”. Centro galego de Sevilla
“Anacos”. Enxebre. Hostal Reis Católicos. Santiago de Compostela
Dirixiu, coordinou e participou como poñente no seminario “Xestación e xestión da arte”. En colaboración
coas facultades de Historia e Filosofía. Coa participación de institucións, empresas, galerías, fundacións, asociacións, artistas e alumnos da USC.
Formou parte do xurado no “Premio de pintura da Fundación Mapfre”. Santiago
“Fervenzas”. Casa de Galicia en Madrid.
“Reencontro”. Ateneo Ferrolán.
“Falen ou calem”. Exposición colectiva de pintura do grupo HIDRA – AGAEC. Sala de usos múltiples da
empresa Calem en Porto – Gaia (Portugal).
“Interpretarte”. Centro de Interpretación do Concello de Porto do Son.
“All – art”. Centro Comarcal de Ordes.
“V mostra colectiva das artes e letras dos empregados da administración autonómica galega”. Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Santiago.
“Olladas de area e auga: diálogos norte-sur”. Programa interdisciplinar e intercultural. Casa da Cultura.
Negreira.
“Arabescos”. Museo Ramón Aller. Lalín.
“Celtic fringe, terras celtas, tierras celtas”. Programa interdisciplinar e intercultural. Pazo da Peregrina.
Bertamiráns (Ames) e Liceo de Noia, Noia.
“Mesturas”. Itinerancia “Tras as Pegadas de Delos”. Setembro. Casa Mariñeira. Pobra do Caramiñal.
“Infragantis na fraga”. Programa interdisciplinar. Debate sobre a situación das fundacións e museos de
iniciativa privada, dentro do II Ciclo "Xestación e xestión da arte". Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
“Tras as pegadas culturais da emigración”. Programa interdisciplinar e intercultural dirixido aos centros
galegos no exterior. Casa de Galicia, Valladolid.. Associació d'Amics de la Gaita Gallega, Valencia.
"Itineris". Grupo HIDRA – AGAEC. Galería d'arte moderna Alba. Ferrara. Italia.
“Integrarte”. Exposición e obradoiro de pintura. Residencia da 3ª idade Mapfre Quavitae Santiago.
"Arritmias". Multiusos de Goián. Tomiño. (Pontevedra).
Esculturas no Catálogo de Mitoloxía do IES Las Adormideras, A Coruña
O seu lema: “O amor pola arte aniquila a paixón pola guerra”. (Laura Restrepo)
A natureza é a orixe e centro do que xorde a inspiración, a forza creadora. Só hai que observar atentos.
Enchoupar os sentidos dos seus aromas, xeometrías e cores. Deixarse levar pola idea romántica de que
podemos aprehender a esencia daquilo que atrapa a nosa retina e que nos impele a inmortalizalo nese
preciso instante. Sentir a necesidade vital de engulir a beleza, a harmonía que se agocha nos seres e nas
cousas. Intentar expresar a fascinación pola inmensidade e diversidade de faces que ofrece o universo é o
obxectivo a acadar polo artista. Mesmo sentir a obriga de utilizar a arte como vehículo de comunicación
entre culturas, como linguaxe universal, integrador, e comprometido coa defensa dos dereitos humanos, e
de calquera forma de existencia.

Sem comentários:

Enviar um comentário